Caballero pide votar a Sánchez para estender o "modelo" de Vigo "a toda España"

Abel Caballero, nun acto electoral © PSOE Vigo

Abel Caballero pediu este luns o voto para Pedro Sánchez para que poida estender o "modelo" que el implantou no goberno municipal da cidade. O rexedor vigués levou a cabo un acto electoral no que repasou a súa xestión nos nove anos á fronte da administración local e reivindicou a súa presidencia da FEMP, á que chegou "porque o PSOE quixo que o modelo de Vigo sexa o modelo a levar a toda España".  

Caballero pide o voto para Sánchez para que poida estender o "modelo" de Vigo a toda España

Nun discurso de reivindicación municipal e tras un cartel da campaña local co lema Vigo, si, Caballero puxo a súa xestión como exemplo por poder falar "con feitos" e non "con palabras falsas" e asegurou que seguirá gobernando a cidade "23 anos máis". O rexedor enumerou proxectos como as bolsas comedor e de ingles, a "humanización" das rúas, os voos de Peinador, a reforma de Balaídos ou as axudas sociais. Ademais, manifestou que desexa ter a Pedro Sánchez como "compañeiro" desde a presidencia do Goberno do Estado tras cualificalo de "aliado permanente".

Caballero cargou con dureza contra Podemos e as mareas, máis cando un veciño interrompeu o discurso para berrar o nome da formación morda. "Podemos en Vigo tres e a miña lista, 17", respondeu de inmeidato o alcalde de Vigo. "Tres a 17, tomade nota!", insistiu para acusar as mareas de ter "medo" de saír á rúa e que por iso organiza actos "sempre en sitios pechados". 

O alcalde de Vigo recomenda a PP e mareas que visiten Vigo "para ver como se fai a política social"

"Ás mareas e a Podemos pídolles que expliquen por que están en contra de Citroën; e ao PP, que se acorde de que a primeira cidade de Galicia e do noroeste de España é Vivo e non outra", advertiu tamén nun discurso máis virado ao localismo, que rematou convidando a ambas formacións a visitar a súa cidade "para ver como se fai a política social". 

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.