O forte ascenso de VOX foi a gran noticia da noite electoral. A formación de extrema dereita gañou 28 deputados e un millón de votos, converténdose na terceira forza do Congreso. Os ultras, liderados por Santiago Abascal, acadaron representación en case todas as Comunidades autónomas, con catro únicas excepcións: Euskadi, Navarra, A Rioxa e Galicia.
O fracaso de VOX en Galicia non oculta que tamén aquí a ultradereita experimentou un ascenso considerable, pasando do 5,29% de abril ao 7,8% nestas eleccións
VOX gañou en Murcia cun 28% dos votos e roldou a segunda posición en Andalucía. Ademais, obtivo resultados moi elevados en Castela-A Mancha (22%), Madrid e Comunidade Valenciana (18%), Aragón, Estremadura, Baleares e Castela-León (17%) e mesmo en Asturias (16%).
Moi diferente foi o seu resultado en Cataluña (onde se fixo por dous deputados por Barcelona) ou Navarra, cun 6% dos votos. Na Rioxa superou o 11% dos apoios, pero ficou sen escano. E Euskadi foi o territorio onde a ultradereita acasou o seu peor dato, con apenas o 2,4% do total.
Euskadi foi o territorio onde a ultradereita acasou o seu pero dato, con apenas o 2,4% do total
VOX estivo preto de acadar un escano na provincia da Coruña, pero finalmente o derradeiro escano foi para o BNG. Porén, o fracaso de VOX en Galicia non oculta que tamén aquí a ultradereita experimentou un ascenso considerable, pasando do 5,29% de abril ao 7,8% nestas eleccións. Ademais, VOX foi a cuarta forza en Lugo e Ourense, superando o BNG.
Fortaleza de VOX no rural galego
VOX foi a terceira forza nunha parte importante dos concellos rurais da provincia de Lugo e Ourense
Aínda que VOX foi a quinta forza política no conxunto de Galicia, foron moitos os concellos nos que a ultradereita se converteu no terceiro partido máis votado. Non foi así en ningunha das cidades, nas que se moveu entre a cuarta e a quinta posición, acadando o seu mellor resultado en Lugo e Ferrol, cun 8,7% dos votos.
VOX foi a terceira forza nunha parte importante dos concellos rurais da provincia de Lugo e Ourense e tamén moitas localidades de comarcas como Bergantiños ou Costa da Morte.
Destacan os seus datos en localidades com Ribeira (13,6%), Becerreá (13,4%), Abadín (12,9%) ou Carballeda de Valedorras (12,2%)
Ademais, destacan os seus datos en vilas com Ribeira (13,6%), onde aproveitou o forte descenso de Ciudadanos, ou Xinzo de Limia (10,6%), O Barco de Valdeorras (10,6%), Sarria (10%) e Chantada (9,3%).
Ademais de Ribeira, os concellos nos que a ultradereita acadou un resultado maior foron Abadín (12,9%), Becerreá (13,4%), Carballeda de Valedorras (12,2%), Castro de Rei (10,9%), Bergondo (10,8%), Rábade (10,8%) ou Baleira (10,6%).