Lores gañou na maior parte das mesas de Pontevedra e só o PP discutiu o seu dominio nalgunhas parroquias

O BNG dominou na maior parte da cidade de Pontevedra ©

O BNG asegurou catro anos máis de goberno nacionalista en Pontevedra. Lores perdeu 500 votos pero obtivo un triunfo claro, un máis, que ademais lle permitiu dominar practicamente todos os barrios e parroquias da cidade. O Bloque gañou, de feito, en 46 das 62 seccións censuais do concello, sendo o resto para o PP, sobre todo na zona norte e algunhas áreas rurais.

Lores sumou máis do 35% dos votos en practicamente todos os distritos e aínda que o PP creceu 1.700 votos, os populares só se puxeron por diante en áreas de Lourizán, Campañó ou Cerpozóns.

O PSdeG-PSOE tamén creceu preto de 1.500 votos, obtendo o seu mellor resultado dende o 2007. Os seus mellores datos foron en Verducido e Xeve.

Mentre, Ciudadanos mantivo as súas posicións, a pesar de perder algúns votos, concentrados principalmente na zona centro e Lourizán, aínda que lonxe do 10% en todos os casos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.