O xulgado de primeira instancia e instrución nº 1 de Caldas de Reis vén de admitir a trámite a demanda interposta polo Grupo Socialista de Valga contra varios concelleiros do Partido Popular por cobros irregulares procedentes das arcas municipais. A xuíza acordou iniciar dilixencias previas por presuntos delitos de malversación e prevaricación derivados do cobro das asistencias do alcalde José María Bello Maneiro e os seus edís ás reunións semanais denominadas Comisións de Coordinación, unha figura -sinala a denuncia presentada polo PSdeG-PSOE non recollidas nin amparadas pola lei.
A xuíza acordou iniciar dilixencias previas por presuntos delitos de malversación e prevaricación
Os denunciantes sinalan que estas Comisións de Coordinación se veñen realizando dende o ano 1991 (momento en que Bello Maneiro accedeu á alcaldía) e que supoñen un gasto para o Concello de ao redor de 25.000 euros anuais. Os socialistas sinalan que os cobros recibidos polo rexedor e os edís do grupo de Goberno pola asistencia a estas reunións son mesmo superiores aos fixados pola asistencia aos órganos colexiados regrados (Xunta de Goberno e Sesións Informativas). Engaden, finalmente, que estas xuntanzas se realizan sen que asista a elas funcionario ningún do Concello e nin sequera o Secretario
Os denunciantes sinalan que estas Comisións de Coordinación se veñen realizando dende o ano 1991 (momento en que Bello Maneiro accedeu á alcaldía) e que supoñen un gasto para o Concello de ao redor de 25.000 euros anuais
Ademais, sinalan que o Goberno local veu obstaculizando nos últimos meses os intentos da oposición de fiscalizar estes cobros irregulares, denegándolles información sobre estes pagamentos ou sobre as actas das citadas xuntanzas. Os datos aos que si puideron acceder os concelleiros socialistas acreditan que o custe para o Concello da asistencia a estas xuntanzas só no primeiro trimestre de 2015 ascende a case 8 mil euros, aseguran na súa denuncia.