Rueda comparece no Parlamento, pero a oposición esixe unha comisión de investigación

Rueda, ao carón de Feijóo nun intre do pleno © Ana Varela

O vicepresidente da Xunta detalla a partir das 16.30 na comisión primeira do Parlamento o dispositivo de emerxencia posto en marcha para atender os pasaxeiros do accidente de tren. Os tres grupos da oposición ven "precipitada" esta comparecencia, pois ainda non se dispoñen de todos os datos necesarios, e e AGE e BNG piden a creación dunha comisión de investigación.

A petición da creación desta comisión de investigación foi asinada conxuntamente por AGE e BNG

A petición desta comisión de investigación foi asinada conxuntamente por AGE e BNG, que na exposición de motivos sinalan que "os poderes públicos quedan especialmente obrigados a investigar as causas e depurar as responsabilidades de todo tipo ás que houbera lugar" e que "o acontecido, desgraciadamente, non ten volta atrás, pero é unha obriga legal, ética e de compromiso público que por parte das institucións se proceda a realizar todas cantas medidas, actividades e actuacións poidan contribuír a evitar que accidentes desta natureza se poidan reproducir no futuro".

Argumentan que "os datos que se van coñecendo amosan claramente as deficiencias das medidas activas e pasivas de seguridade e control das mesmas, así como do propio deseño da rede e das súas condicións materiais e técnicas (plataforma, vehículos, medidas de seguridade, etc)" e apuntan que este "labor investigador é plenamente compatible coa que poidan e deban desenvolver tanto a administración ferroviaria (ADIF-Renfe) como a que sexa obxecto do procedemento penal en curso".

AGE acusa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de "estafar unha vez máis á cidadanía galega dando ‘gato por lebre’ ao anunciar e publicitar que Galicia xa tiña AVE cando agora a realidade demostra que non é tal xa que nin o ancho da vía nin os trens nin as medidas de seguridade son os propios da alta velocidade". Os deputados de Alternativa Galega de Esquerda mantiveron un encontro esta mañá cos representantes dos sindicatos ferroviarios, no que se destacou "a urxente necesidade de instalar medidas de seguridade de xeito inmediato para evitar este tipo de accidentes". Os propios representantes sindicais coincidiron en sinalar a necesidade de esclarecer o acontecido e deixar as especulacións a un lado, xa que "cos datos que se teñen ata o momento todo o que se hai son especulacións".

Ademais da comparecencia de Alberto Núñez Feijoo, o BNG tamén demanda as explicacións no Parlamento de Samuel Juárez

O BNG quere que Alberto Núñez Feijoo compareza na Cámara para dar explicacións e tamén demanda a comparecencia no Parlamento de Samuel Juárez, delegado do Goberno en Galicia. O BNG tamén rexistrou unha interpelación ao Presidente da Xunta sobre as actuacións que levará a cabo o Goberno para garantir as condicións de seguridade nos trens que circulan por Galicia e impulsar a normalización da rede ferroviaria galega, sinalando que "son palmarias as deficiencias vinculadas cos sistemas de seguridade que están operativos nestes momentos no sistema ferroviario galego". Na interpelación, o BNG denuncia que o sistema ERTMS non estea instalado ou a "perigosidade" da curva na que tivo lugar o acidente. Ademais da comparecencia de, 

Feijóo, con Puy e Rueda nun intre do pleno © Conchi Paz

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.