O ex-número tres do PPdeG presenta a cúpula da Gürtel como vítima dunha "operación de Rubalcaba"
Pablo Crespo, presunto número dous da trama, admite que o advertiron da investigación meses antes de que estourase o caso. O antigo secretario de organización do PP galego nega calquera relación coa contabilidade en negro da rede