O Parlamento galego queda sen debate de política xeral nos anos electorais
O DOG publica este venres a modificación da lei da Xunta e a súa presidencia, reformada por efecto do novo regulamento parlamentario.
O DOG publica este venres a modificación da lei da Xunta e a súa presidencia, reformada por efecto do novo regulamento parlamentario.
Dúas multitudinarias mobilizacións en Vigo e Lugo claman a prol da sanidade pública e do sector lácteo e esíxenlle ao Goberno galego que garanta o carácter público do novo hospital vigués e a supervivencia do rural.
Un informe da Intervención Municipal que vén de recibir o novo goberno indica que o Concello superou en 2,3 millóns o límite de gasto de 2014 e 'inchou' en case 10 millóns as contas de 2015.
A empresa Urbaser, do grupo de Florentino Pérez, recoñécelle ao novo goberno ferrolán que a depuradora de Cabo Prioriño non funcionou no primeiro ano tras a posta en marcha e informa de deficiencias "estruturais" por importe de medio millón de euros.
Unha das participantes será Sonia Hermida, nai dunha nena con diversidade funcional á que o anterior goberno local negou praza nun campamento e á que non se deixou intervir no pleno. O comercio local, as taxas municipais e a vivenda social serán os outros temas a debater este luns
O Concello ferrolán inicia os trámites para esixir "responsabilidades" a Urbaser e ao goberno do PP pola xestión da EDAR, que "non depurou nin un só metro cúbico de auga" durante un ano.
O líder de Anova coida que o obxectivo da posible candidatura "non debe limitarse a conquerirmos un grupo parlamentar galego" e advirte a "todos os que din defender o dereito á libre decisión" de que "deben asumir a presenza do pobo galego" como "soberano" nos comicios.