A Marea Atlántica imponse por catro votos ao PP, que se aferra ás impugnacións
Co 100% escrutado, a plataforma cidadá confírmase como a forza máis votada na Coruña logo de que os populares paralizasen o reconto o domingo coas súas reclamacións en quince mesas. Negreira aínda parece confiar en que o PSOE lle facilite a alcaldía.