Vinte días para pactalo todo nos concellos
A lei electoral restrinxe a marxe de manobra das forzas políticas para pactar os novos gobernos municipais, que terán que constituírse o vindeiro 13 de xuño.
A lei electoral restrinxe a marxe de manobra das forzas políticas para pactar os novos gobernos municipais, que terán que constituírse o vindeiro 13 de xuño.
O PPdeG lanza en máis dunha ducia de concellos a advertencia de que poderían quedar baixo a influencia das políticas bolivarianas se non goberna o PP tras o 24-M. Audio no interior
Moitos e moitas persoas residentes de forma temporal no exterior (novos emigrantes, na súa meirande parte) atoparon tantas dificultades para votar que finalmente tiveron que renunciar a facelo. É o caso de Aitor Insunza en Hungría e de Samuel Cebreiro en Croacia.
RARA AVIS Imputado por prevaricación, tráfico de influenzas e suborno, o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba repite de candidato neste municipio costeiro.
Axentes da Pontenova recaban testemuños tras a denuncia formulada polo BNG de Riotorto pola presunta carretaxe de anciáns por parte do PP local. O Bloque solicita que non sexan contabilizados os votos que vaian acompañados de certificados médicos que indiquen demencia.
RETRATOS DE CIDADE José Manuel Rey Varela (PP) obtivo en 2011 a primeira maioría absoluta nunhas eleccións municipais na historia da urbe. Catro anos despois aspira a revalidala, ante unha oposición fragmentada e unha realidade de paro, envellecemento e despoboación que non deixa de empeorar.
Pilar de Lara abre dixilencias por un novo presunto delito de prevaricación no Concello coruñés, que serán remitidas aos xulgados da cidade ao non teren relación coa trama Pokémon.
O presidente da Xunta encara a derradeira semana de campaña proclamando que só o PP pode "garantir concellos libres de imposicións e extremismos". Hernández asegura que, se el non goberna Santiago, farano "os admiradores das políticas bolivarianas"
ENTREVISTA José Ramón Gómez Besteiro presenta o PSdeG como a forza con máis "capacidade para xerar consenso" nos futuros gobernos municipais e advirte do esgotamento dun Feijóo que "non se sente presidente de Galicia, abúrreo, nin sente nin padece"
Os inquéritos difundidos esta fin de semana indican que o PP podería manter a alcaldía de Ferrol e que a Marea Atlántica e Compostela Aberta terían a posibilidade de encabezaren gobernos alternativos na Coruña e Santiago.