Política
O xuíz pide o suplicatorio de José Blanco por tráfico de influencias
O maxistrado que instrúe o caso 'Campeón' solicita actuar contra o ex ministro socialista.
Abramos as portas ao futuro
Pepe AriasO fiscal superior propón un órgano independente para previr a corrupción en Galicia
Carlos Varela inaugura as comparecencias na comisión de prevención da corrupción e considera que as condutas "reprobables eticamente" deberan ser dabondo para dimitir porque son "incompatibles coa boa gobernanza".
O PP, inmóbil no recorte de escanos, abre a porta a negociar os mínimos por provincia
PSdeG e AGE saen da reunión cos conservadores mantendo a redución de deputados como "liña vermella" e convencidos de que os de Feijóo tentan "agredir as minorías" poñendo o aforro como "escusa".
Os afiliados de Anova deciden que tipo de organización queren ser
A formación nacionalista celebra esta fin de semana a súa primeira asemblea na que semella clara a aposta polas listas abertas e na que se insiste nunha fronte ampla "no ámbito do nacionalismo e da esquerda" e nas alianzas "máis aló do terreo electoral".
Feijóo sentenza que o cobro de impostos á Igrexa "non lle interesa a ninguén"
O presidente da Xunta evita defender ou rexeitar o cobramento do IBI aos edificios non destinado ao culto e asevera que a institución católica se financia só a través da "casiña" do IRPF, algo que as propias autoridades eclesiásticas admiten que non é estritamente certo.
A volta ás brigadas municipais prende as alarmas na loita contra os incendios
Sindicatos, asociacións profesionais e partidos da oposición censuran a "volta ao pasado" no dispositivo de extinción contra incendios e reclaman a fin da súa "fragmentación"
EQUO Galicia celebrará o seu primeiro congreso o 15 e 16 de xuño
Será en Santiago de Compostela e servirá para presentar a súa Comisión Executiva, escoller a súa Mesa Nacional e debater a súa relación con AGE. Asistirán o coportavoz federal de EQUO, Juan López de Uralde, e tamén Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz.
O PP rexeita cobrarlle impostos á Igrexa: pode "ofender a milleiros de galegos"
Os conservadores argumentan que hai que "axudar" a institución católica e "non botarlle unha man ao pescozo"
AGE obtivo máis apoios dos votantes do BNG en 2009 que o propio Bloque
O estudo postelectoral do CIS sinala tamén que o 15% dos electores decidiron o seu voto na campaña electoral, que o PP mantivo o 91,5% dos seus votantes sen perder apoios significativos en dirección a ningunha das outras opcións, e que tanto Beiras como Jorquera superan en valoración o líder do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez.
O BNG asenta as súas pontes con ERC e Amaiur
O Bloque presenta a súa iniciativa "polo dereito a decidir" redactada xunto ás formacións vasca e catalá, que non desbotan o artellamento dunha coalición para as eleccións europeas