25N 2016
25 de novembro: Clamor contra o machismo e a súa violencia
Entidades cívicas, políticas e sociais, co movemento feminista á fronte, claman un 25N máis contra a violencia machista. As agresións de xénero e as súas vítimas mortais, lembran, son só a cara visible dunha problemática con raíces fondas na historia e nas persoas
Galería | Loito e verbas para concienciar sobre a violencia de xénero
Os escaparates e rúas de 17 concellos galegos fóronse enchendo de negro para lembrar as vítimas pero tamén para facer pedagoxía e informar contra as agresións machistas
Concentracións en toda Galicia esixirán compromisos para erradicar a violencia machista
A Plataforma Feminista Galega e a Marcha Mundial das Mulleres convocan actos na tarde deste venres en Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e O Carballiño
Educando contra o machismo dende os centros de ensino: O exemplo do IES de Arzúa
Son moitos os colexios e institutos de todo o país que nesta semana organizan actividades ao redor do 25N. O IES de Arzúa levou a cabo un bo número de iniciativas, algunhas coma o obradoiro Suprime o control, iniciada no comezo do curso. Falamos coa vicedirectora do centro.
E o 26? Que pasa o 26?
Marta Rodríguez Engroba"O éxito da campaña está en que vai de abaixo a arriba, as institucións poñémonos ao servizo da comunidade"
ENTREVISTA Máis de 2.500 establecementos comerciais e entidades sociais de 17 concellos participan na campaña En negro contra a violencia. Falamos con Marta Lois, edil de Igualdade do Concello de Santiago, sobre a iniciativa.
María Xosé Agra: "O feminismo, por partir dende as marxes, pode situar os problemas nun contexto distinto"
ENTREVISTA A catedrática de Filosofía Política vén de publicar ¿Olvidar a Clitemnestra?: sobre justicia e igualdad (USC), no que reflexiona sobre o sentido da xustiza e a igualdade, despregando interrogantes ante o desconcerto, os medos, as incertezas e vulnerabilidades do mundo contemporáneo
María Ferreiro: "As mulleres do rural sofren máis illamento e vulnerabilidade económica"
ENTREVISTA O SLG organiza este sábado en Bergondo unhas xornadas contra as violencias machistas, que dan continuidade a unha serie de obradoiros que o sindicato realizou con mulleres labregas en varias comarcas do país. Falamos con María Ferreiro, responsable da Secretaría das Mulleres
8 anos de feminismo dende A Mariña
O Observatorio da Mariña pola Igualdade recibiu esta fin de semana o Premio da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais. Falamos con Lisa Pérez Vázquez, unha das súas responsables
A Coruña porá en marcha unha Escola de Empoderamento Feminista
A Concellería de Igualdade pretende con ela "alentar unha maior participación activa das mulleres e a inclusión das diversidades en todos os ámbitos" da vida da cidade.
"Todas as mulleres temos algo que contar sobre ese primeiro acoso; a todas nos pasou algo así"
ENTREVISTA Carme Fouces, concelleira de Benestar Social en Pontevedra, impulsou e iniciou a exitosa campaña #PrimAcoso para sacar á luz as pequenas agresións machistas ou humillacións sufridas polas nenas. "Agardabamos impacto pero non sabiamos ata que punto ía haber valentía", di.