O BNG propón unha lei para aforrar 100 millóns sen recortar aos empregados públicos
Os nacionalistas defenderán no Parlamento un texto legal "alternativo" para substituír as rebaixas ao persoal da Xunta por, entre outras medidas, reducións de publicidade institucional, uso do software libre ou un novo treito do IRPF para quen gañe máis de 100.000 euros ao ano.