Recorte do 23,1% para os emigrantes e españois retornados nos orzamentos
O Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2012 contempla un recorte do 15,7 por cento nos fondos a empregar na política de Servizos Sociais e Promoción Social, que quedan en 2.119,04 millóns de euros, fundamentalmente polas reducións das partidas destinadas a Inmigración (-54,8%), Familia e Infancia (-42,6%), Maiores (-38,6%), Emigrantes (-23,1%) e violencia de xénero (-21,3%), entre outras. Unha crónica de Cadernos de Comunicación e Análise.