
Dorribo, o rei da ostentación que puido ser aliado da 'austeridade'
O presunto líder da trama 'Campeón' pedía axudas á Xunta, argumentando a necesidade de "aforro farmacéutico" ante os recortes de Zapatero, para pór en marcha unha planta de medicamentos que lle presentou a Feijóo en San Caetano. As súas louvanzas á "racionalización" producíanse mentres gastaba importantes cantidades en artigos de luxo. Galería no interior.