O aforro da Xunta coa redución de 'chiringuitos' foi "residual" e "máis nominal que real"
A Xunta pechou varias entidades pero creou outras, polo que aforro real foi inferior ao 1% dos fondos manexados, di o Consello de Contas, que alerta de "falta de coherencia" na información contable de sete destas entidades.