Contas censura que a Xunta rescatou persoal de entes suprimidos manténdolles soldo superior ao do funcionariado
O ente fiscalizador lembra que as contratacións orixinais “en moitos casos non cumpriron os principios de igualdade, mérito e capacidade”
O ente fiscalizador lembra que as contratacións orixinais “en moitos casos non cumpriron os principios de igualdade, mérito e capacidade”
O ente fiscalizador salienta que o Goberno galego reduciu as tramitacións urxentes, que lle permiten restrinxir a competencia entre empresas, pero censura que non cumpre tan ben as súas recomendacións no caso dos modificados de obras
O Consello de Contas advirte por terceiro ano consecutivo de que a Xunta incumpre dende 2010 a lei que a obriga a "pór en marcha un rexistro" destas entidades e reitera que "o tamaño do sector non decreceu" no que atinxe ao volume de orzamento que manexa
O Consello de Contas sinala que en 2016 a temporalidade do persoal do Sergas medrou tres puntos mentres que o concerto con Povisa fíxoo un 14%, ata os 87 millóns
O pagamento de créditos e os seus xuros supón o 90% dos 17.700 millóns de gastos futuros que a Xunta xa ten comprometidos, importe que case duplica os orzamentos de cada ano
O Consello de Contas liga directamente o "importante descenso do volume do gasto de persoal" nas residencias aos paquetes de recortes do Goberno de Rajoy. As ausencias non cubertas en só 10 residencias públicas equivaleron ás xornadas anuais de 50 postos de traballo
O ente fiscalizador critica que o Goberno galego mova cartos dunhas partidas a outras “en base a estimacións e non a necesidades xurdidas”
Contas censura que o Igape non lle facilita a documentación que precisa para supervisar o seu funcionamento e cuestiona a coordinación das axudas dos distintos departamentos da Xunta
O Consello de Contas detectou "incumprimentos" na reparación de equipos, arranxos "incorrectos" ou traballos non realizados, como o persoal vén denunciando dende 2013. Sanidade non prescindiu da empresa ata a fin do contrato por ser "difícil", pero admite que decidiu non renovalo
O deputado Ramón Vázquez pide a saída do ente fiscalizador de Dositeo Rodríguez, que cesou nese cargo hai cinco meses.
O Consello de Contas detecta que subvencións para entidades mineiras "sen ánimo de lucro" acabaron financiando actividades vetadas pola lei de subvencións. A Xunta defende a súa actuación pero asegura que comprobará se existiron irregularidades.
O Goberno galego entregou ao sindicato dous millóns de euros cos que mercou varios locais dos que era copropietario o seu dirixente. A Xunta di que descoñece ese dato e Contas replícalle que os seus propios auditores llo comunicaron.