A folga na Xustiza suspéndese tras de máis de tres meses de paro
O comité de folga decide por maioría "interromper" a folga "co fin de buscar novas formas de presión para a resolución do conflito". Apenas un cento de persoas secundaron neste martes o paro, que queda en suspenso pero non desconvocado.