Feijóo culpa á oposición de "deteriorar" e "incendiar" a sanidade e a xustiza
En Marea, PSdeG e BNG acusan ao presidente de estar mais preocupado polas súas aspiracións en Madrid que por Galicia
En Marea, PSdeG e BNG acusan ao presidente de estar mais preocupado polas súas aspiracións en Madrid que por Galicia
Uns 2.500 funcionarios están chamados á protesta que anulará centos de xuízos e procedementos, mesmo casamentos, en todo o país. O TSXG denega a suspensión reclamada polos sindicatos dos servizos mínimos, que a Xunta modificou para aumentar os efectivos mínimos durante o paro.
Unha esmagadora maioría dos funcionarios vota por un paro indefinido e total, durante toda a xornada, a partir do mércores. O comité de folga rexeita os servizos mínimos marcados pola Xunta e critica a actitude "prepotente, provocadora e irresponsable" de Alfonso Rueda
Alfonso Rueda cre que aínda hai tempo para evitar o paro previsto a partir do 7 de febreiro pero avisa que o Goberno activará medidas para evitar a "paralización" prevista na Xustiza
A nova xuntanza entre o comité de folga e a Administración remata sen avances. Os traballadores acusan o Goberno de presentar unha proposta "empeorada" con respecto á última oferta. Pecháronse na sede da Dirección Xeral ata ser desaloxados pola policía a media tarde.
ENTREVISTA | Pablo Valeiras, portavoz da plataforma de unidade sindical que lidera as protestas do persoal da Administración de Xustiza, é pesimista respecto dos avances este mércores na negociación coa Xunta nun conflito que vai camiño da folga indefinida desde o 7 de febreiro
Apenas o 16% dos empregados acudiu este xoves ao seu posto de traballo. Máis de dúas mil persoas manifestáronse en Compostela en reivindicación de incrementos salariais, dereitos contractuais e contra a eliminación de prazas, que nos últimos anos levou a ralentizar os procesos e a un incremento da súa carga de traballo.
As dúas primeiras xornadas de folga, avaladas por todos os sindicatos do sector, foron un éxito de participación. O vicepresidente acusa as centrais sindicais de romper a negociación de xeito "unilateral" e lamenta que "consideren insuficiente" a "oferta económica" da Xunta
O paro convocado por todos os sindicatos denuncia a "discriminación" dos traballadores no país con respecto aos doutras comunidades e o "desmantelamento que a Xunta está a facer da Xustiza”. O seguimento é de máis do 80% e supera o 90% en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ourense
Todos os sindicatos acordan paros en decembro e un indefinido en xaneiro de non acordar sobre as condicións salariais e laborais co Goberno galego, ao que acusan de ser o único que recorta desde 2013. Denuncian que cobran ata 11.000 euros anuais menos que o funcionariado doutras autonomías