A folga na Xustiza segue enquistada entre reproches mutuos: "Demos pasos atrás"
Alfonso Rueda insiste en que non aceptará "vetos" dos sindicatos, que piden de novo a marcha do director xeral de Función Pública das conversas e a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. Os "escasos avances" na negociación quedaron en nada tras racharse o diálogo.