Voltar

Galicia olímpica

  • “Nos Xogos, a miña medalla vale o mesmo que a de Nadal”

    José Antonio Hermida (Puigcerdá, 1978) é outra das bazas galegas para Londres 2012. “Falo galego e meus pais son galegos”, xustifica este ciclista de montaña nado e criado en Cataluña. Campión europeo e do mundo de campo a través en varias ocasións, a última en 2010, xa coñece o que é a gloria olímpica logo de obter a medalla de prata en Atenas hai oito anos. Agora, afronta os seus cuartos Xogos Olímpicos co obxectivo de poñer un broche de ouro á súa prolífica carreira e celebrar de novo un triunfo simulando un pistoleiro. De aí lle vén o alcume a Pepiño Pistolas, que responde á entrevista en galego, pero que podería elixir. Fala seis idiomas.

  • “Ás mulleres sempre nos pediron resultados; agora que os temos, seguen sen facernos caso”

    Begoña Fernández saíu hai catorce anos do Club Balonmán Porriño. Quizais nunca pensou que tanto tempo despois sumaría preto de vinte títulos oficiais. No Osito L'Eliana, en Elda e durante dúas etapas no equipo navarro do Itxako, onde milita na actualidade, esta viguesa non deixou de acumular éxitos. Tamén na selección española, coa que foi subcampiona de Europa, pero coa que non puido gozar do bronce mundial do ano pasado por mor dunha lesión. Agora, superados os problemas físicos, a declarada hai uns anos mellor pivote do planeta, soña cunha medalla nos Xogos Olímpicos que poña o broche de ouro á súa carreira. E soña tamén con que os méritos do deporte feminino sexan recoñecidos dunha vez.

  • “Se Galicia fose un Estado, os nosos taekwondistas serían heroes nacionais”

    Mercé Barrientos dirixe unha das federacións deportivas galegas máis senlleiras do país. Difícil imaxinar unha disciplina onde Galicia posúa o título de campiona de España absoluta (en categoría masculina e feminina), o título estatal na categoría sub21, o campionato na modalidade de técnica e incluso o de clubs. O taekwondo, este deporte olímpico de orixe coreana e milenario, ten en España un acubillo brillante e en Galicia, o seu territorio triunfal e ateigado de éxitos