Os incendiarios gáñanlle á veciñanza de Maceiras no terceiro intento
A aldea de Carnota "acosada" polos intentos de prender lume dende o pasado sábado sofre un incendio na madrugada do domingo ao luns
A aldea de Carnota "acosada" polos intentos de prender lume dende o pasado sábado sofre un incendio na madrugada do domingo ao luns
Un veciño de Carnota relata o "acoso" dos incendiarios que sofre a súa aldea e a loita da veciñanza, "soa" e con baldes caseiros, para facerlles fronte. Nunha soa xornada evitaron o inicio de dous incendios.
A xoia natural do Pindo fica arrasada e o Concello carnotán solicita a declaración de zona catastrófica coa ausencia do PP, que acusa o Goberno municipal de provocar "un incendio político".
O actual Goberno galego reclama desligar os incendios da política forestal, unha petición que contrasta co duro discurso despregado polos conservadores na oposición ante as crises incendiarias
Superas as dúas mil hectáreas, arrasando O Ézaro e cercando vivendas no núcleo do Pindo. Na zona traballan 30 brigadas e outros tantos avións, pero as lapas esténdense tamén cara á parroquia de Arcos (Mazaricos).
A Comisión Reitora da asociación reuniuse de urxencia para avaliar os danos causados polo lume, que xa arrasou máis de 2000 hectáreas. Esixe a declaración de parque natural e convoca a unha manifestación en Compostela o 6 de outubro para esixir "un cambio radical na política forestal da Xunta"
Ramón Noceda, alcalde de Carnota, denuncia o desleixo da Xunta, tanto pola ausencia de políticas de prevención dos incendios coma á hora de protexer o espazo do Monte Pindo. "Perdeuse o que nunca se debeu de perder", di, e destaca a actuación dos veciños: "se non fose polo seu esforzo, que traballaron defendendo os seus bens e as súas vivendas, non terían saído adiante"
O incendio xa queimou máis de 1000 hectáreas nunha zona de difícil acceso, moi preto dos núcleos de poboación de San Cibrán, Cornido, Caldebarcos, Panchés, A Curra e Quilmas. A Asociación Monte Pindo Parque Natural denuncia "a destrución case completa" do espazo e anima a encher as redes sociais de lazos verdes.