“Díaz Castro desexaba reflectir a parálise dunha Galiza inmobilista que non conseguía avanzar"
Xosé María Díaz Castro non é só Nimbos. Montse Dopico entrevista a Armando Requeixo, que recuperou dous poemarios inéditos do autor.
Xosé María Díaz Castro non é só Nimbos. Montse Dopico entrevista a Armando Requeixo, que recuperou dous poemarios inéditos do autor.
Queremos Galego xunta miles de cidadáns nas diferentes mobilizacións convocadas nas sete cidades galegas e mais en Foz. A plataforma e os manifestantes chaman a "non se resignar" na loita polos dereitos dos galegofalantes e berran contra a política lingüística da Xunta.
A retranca de usuarias e usuarios galegos de Twitter levou hai uns anos ao nacemento do #díadelgallego, unha irónica etiqueta para darlle a volta aos rituais do 17 de maio en ámbitos como a prensa. Máis de 30 anos despois das primeiras normas legais para potenciar a lingua propia no ámbito da comunicación o traballo por facer continúa a ser inxente.
Miguel Moreira vén de publicar en Xerais o ensaio Contra a morte das linguas. O caso do galego, que afonda na óptica ecolingüística. Entrevista de Montse Dopico
Numerosas institucións europeas denunciaron nos últimos cinco anos a política lingüística da Xunta. Desde axencias comunitarias ao Consello de Europa pasando pola Eurocámara, todas censuran a precaria situación do galego, especialmente no ensino tras a aplicación do decreto do plurilingüismo.
A Gentalha do Pichel e a escola Semente de Compostela preparan unha cápsula do tempo que permanecerá soterrada dende este 17 de maio ata dentro de 36 anos. Teresa Moure, Séchu Sende, Rosa Aneiros ou Carlos Callón colaboran na iniciativa.
Benito Montero, fiscal da Audiencia de Pontevedra, analiza a situación do galego no ámbito xudicial e na sociedade en xeral a poucos días de que se celebre a sétima asemblea da Irmandade Xurídica Galega, da que foi un dos seus socios fundadores.
A AGAL desenvolve unha campaña para reivindicar a importancia e relevancia internacional da lingua propia de cara á Copa do Mundo. Inclúe vídeos, unha completa web para seguir o campionato e anuncios en varios medios para lembrar que o torneo máis importante "fala galego".
Os actos institucionais organizados pola RAG o vindeiro sábado 17 ao redor da figura de Díaz Castro son o centro das celebracións das Letras 2014. Pero ao longo de toda a semana e en todo o país entidade sociais e culturais, institucións e editoriais organizan unha chea de actividades.