O BNG insta oficialmente os concelleiros 'irmandiños' a entregar as actas
A Executiva do BNG empraza "as persoas que se deron de baixa como militantes" a deixar os concellos ou, cando menos, "abandonar os grupos municipais"
A Executiva do BNG empraza "as persoas que se deron de baixa como militantes" a deixar os concellos ou, cando menos, "abandonar os grupos municipais"
A corrente que encabeza Carlos Aymerich xunta esta semana o seu Consello Político para preparar unha Asemblea Nacional á que non se descarta que concorran dúas candidaturas
A dirección local da formación frontista asegura que "seguirá contando cun grupo municipal" conformado por edís "que manteñan militancia" no Bloque, se ben non detalla se lle retirarán o apoio ao actual alcalde
O líder do Encontro Irmandiño recoñece que foi "doloroso" para el deixar un BNG no que "os fracasos" se analizaron só "en clave de causas externas". Aspira a "non entrar en regueifas" co Bloque.
Membros da plataforma apoiada na UPG e da corrente de Aymerich acadan o consenso en Vigo que, agardan, actúe como "sinal de esperanza" na "reconstrución da confianza interna"
O vicevoceiro do EI e alcalde de Teo confía en manter a "unidade de acción" cos dous concelleiros do seu equipo que non deixarán o Bloque. Mentres, dende a dirección nacionalista mantense que os cargos públicos do partido de Xosé Manuel Beiras deben "entregar as actas á organización"
Pequenas formacións de nova creación e plataformas xa existentes, abertas aos "contactos para a converxencia" que a formación de Beiras quere establecer "coas persoas e grupos que estean por un novo referente político do nacionalismo"
A voceira parlamentaria do BNG estréase no cargo chamando a "centrarse" na oposición ao PP e facendo unha chamada a "superar" as diferenzas internas. Apelando á "ética", coida que os cargos públicos do Encontro Irmandiño deben "devolver as actas" ao Bloque.
A renuncia individual ás súas actas de concelleiros é a única vía para que o Bloque poida dispoñer dos postos institucionais que agora ocupan membros do Encontro Irmandiño
A Executiva Nacional do Bloque reparte as súas secretarías xa sen os 'irmandiños'. Á espera da súa asemblea, os representantes de Máis Galiza asumen as secretarías de economía, imaxe e publicacións, acción feminista e relacións exteriores.
Os tres membros do Encontro Irmandiño que formaban parte da Executiva do Bloque non acudirán á xuntanza deste luns a petición da dirección. Os nacionalistas debaten como afectará a ruptura aos gobernos municipais, nos que, a priori, a dirección se inclina porque os escindidos pasen ao grupo mixto
Ana Luisa Bouza, vicevoceira do Bloque no Parlamento e membro de Máis Galiza, sinala que a reestruturación do grupo nacionalista na Cámara está concibida para durar cando menos ata o verán, "pero o futuro está sen escribir"