O futuro de BNG e PSOE
Xosé Manuel Beiras: "A clave é unha forza aberta capaz de integrar moita xente"
"Día histórico". "Ilusión". "Tristeza". "Forza". Catro palabras, catro testemuñas. As dos protagonistas dunha xornada, a deste domingo, que pasará á historia política de Galicia. Encontro Irmandiño, corrente liderada por Xosé Manuel Beiras, vén de aprobar a escisión do Bloque Nacionalista Galego.
Xosé Chorén: "Feita a análise política, nós non temos espazo no proxecto do BNG"
Esquerda Nacionalista vén de aprobar, na súa Mesa Nacional, a saída do Bloque Nacionalista Galego. Fin de semana convulsa na que tamén se podería producir a escisión de Encontro Irmandiño da formación frentista. Fontes consultadas por Praza dán por feita, tamén, a saída do PNG do Bloque
Táboas: "Hai movementos telúricos que fan perigar o edificio do BNG"
A ex conselleira de Vivenda vén de deixar o seu escano no Parlamento e "agarda", aínda como militante do Bloque "ao que vai pasar na organización e no país" para ver "se se poden facer cousas diferentes". Na organización frontista "hai pezas que xa non encaixan" para que sexa "casa común", di.
O camiño tomado
Camilo NogueiraPérez Bouza confirma a súa marcha do BNG
O ex senador remítelle unha carta á secretaria de organización do Bloque, Montse Prado, na que expresa a súa discrepancia coa "confrontación" que na súa opinión caracterizou a pasada Asemblea Nacional e sinala que abandona a organización por "coherencia política"
A dirección do referente xuvenil de Máis Galiza aposta por deixar as mocidades do BNG
A Mocidade Nacionalista Galega convoca unha asemblea nacional para o 10 de marzo, un día antes da de +G, na que a súa directiva proporá abandonar Galiza Nova
Táboas deixa de ser deputada do BNG
A ex conselleira comunícalle ao portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, a súa intención de deixar o Parlamento
Os críticos do PSdeG, á procura dun rostro para a súa "alternativa"
O sector dos socialistas que aposta por presentar "unha alternativa" no Congreso Nacional asegura que "nuns días" terá "concretada" a súa opción. Mentres, Caamaño descarta enfrontarse ao actual secretario xeral, que chama á "integración" e advirte de que "os desafíos están fóra do partido"
Aymerich e Pontón temperan no relevo parlamentario a tensión do BNG
A nova voceira nacionalista na Cámara e o seu antecesor, visiblemente emocionado, comparecen xuntos ante os medios e gaban os seus respectivos labores parlamentarios mentres a dirección do Bloque agarda pola asemblea do Encontro Irmandiño
O PSdeG proporá no seu congreso listas abertas e poder votar aos 16 anos
O relatorio que os socialistas galegos discutirán na súa cita congresual de marzo aposta por converter a Cidade da Cultura nun centro de estudo das migracións avalado pola Unesco, rexeita eliminar as deputacións e ve necesario gañar a "hexemonía social" para a lingua galega
O BNG non repartirá as áreas da súa Executiva ata despois da asemblea dos 'irmandiños'
Ana Pontón substitúe na portavocía nacionalista no Parlamento a Carlos Aymerich, que renunciou, e convértese na primeira muller en asumir esta responsabilidade na Cámara galega. Ana Luisa Bouza, de Máis Galiza, asume será a vicevoceira.