Os gandeiros volven á rúa a pouco do 25-S e un ano despois do fracasado acordo lácteo
A OPL apoia a manifestación de Agromuralla en Lugo, doce meses despois das grandes marchas do sector e a menos dun mes do 25-S. Os sindicatos censuran as medidas europeas para baixar a produción e UUAA promove un boicot a Lactalis, que en Francia cede ante a presión sindical.