A policía impide o bloqueo dos gandeiros aos párkings das áreas comerciais
Varios furgóns controlan os accesos aos aparcadoiros do Carrefour e do Alcampo para evitar que se impida a entrada dos coches no sétimo día de protesta dos gandeiros.
Varios furgóns controlan os accesos aos aparcadoiros do Carrefour e do Alcampo para evitar que se impida a entrada dos coches no sétimo día de protesta dos gandeiros.
O SLG desmárcase do acordo que si asinaron XXAA e UUAA, que aclaran que non é a solución aos baixos prezos que reciben as explotacións galegas. Mulleres gandeiras maniféstanse en Lugo mentres se manteñen os bloqueos a varias áreas comerciais.
A Plataforma na Defensa do Sector Lácteo bloqueou este martes o Eroski de Sarria e mantén tractores en áreas comerciais de Lalín, Monforte ou A Coruña. En Lugo, o colectivo Agromuralla segue con 300 tractores no centro da cidade.
A Plataforma na Defensa do Sector Lácteo leva os tractores fronte a Eroski, DIA e Lidl en Lalín, Monforte, Vilalba e Sarria mentres mantén o 'cerco' a Carrefour e Alcampo na Coruña. En Lugo, continúa a tractorada e uns mil gandeiros saen en manifestación.
Máis dun cento de vehículos rodea a área comercial do Carrefour na Coruña, que non abandonarán ata que o hipermercado cumpra o acordo lácteo. Uns 700 tractores seguen tamén en Lugo denunciando que o incremento dos prezos no leite "nótano os consumidores pero non os gandeiros".
A Plataforma en Defensa do Lácteo intensifica as protestas nas áreas comerciais a partir deste xoves, día no que a Muralla volverá ser rodeada por tractores de maneira indefinida. O sector busca o compromiso dos grandes partidos para que se cumpra un acordo lácteo "fracasado"
Os gandeiros concéntranse ás portas das grandes áreas comerciais esta semana e anuncian tractoradas e futuros bloqueos ante o "incumprimento" do pacto e a inacción dos gobernos. Os produtores da Muralla de Lugo volverán tamén sacar os tractores o día 10
Os últimos datos sinalan que os gandeiros do país cobran o litro de leite seis céntimos por baixo das explotacións de Andalucía. O sector retomará as mobilizacións a partir da vindeira semana.
A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo acorda volver mobilizarse ante o incumprimento do acordo lácteo e o mantemento dos baixos prezos aos gandeiros. “A suba do importe do leite só a notou o consumidor, así que alguén está facendo caixa e non son as granxas”, aclaran.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo insiste en que, dous meses despois da sinatura do acordo lácteo, as súas medidas seguen sen cumprirse, as industrias seguen presentando contratos á baixa e os prezos non se están recuperando.
A Organización de Produtores reparte 1.000 litros de leite en Compostela e a plataforma en defensa do sector reúnese este venres para preparar novas protestas ante o incumrimento do acordo lácteo por parte de varias industrias e os baixos prezos que seguen a cobrar os gandeiros.
Un informe sobre o sector destaca que Galicia é a única das dez principais rexións lácteas da UE que non fixo un investimento industrial importante nos últimos anos. O FEG critica o acordo lácteo por nacer "coxo" e reclama ao Goberno galego que logre o "compromiso" das industrias co país