O leite galego seguiu por baixo do prezo de custo no mes da gran tractorada
O litro de leite galego pagouse en setembro a 28 céntimos, uns tres por baixo do que custa producilo, e mantívose como o máis baixo do Estado. As organizacións agrarias seguen a esixir solucións e Medio Rural ínstaas a "sumarse" ao acordo asinado no Ministerio.