O leite en loita
Outra masiva tractorada en Arzúa reclama solucións urxentes para o sector lácteo
Centos de tractores saen ás estradas nunha nova e masiva manifestación dos gandeiros, apoiados polo comercio local da zona, que reclaman medidas "inmediatas" que aseguren uns prezos xustos para as explotacións galegas.
O Estado descarta medidas urxentes e concretas para o sector lácteo
Á xuntanza entre produtores, distribución e industria asistiron tamén Feijóo e o secretario xeral de Agricultura, que rexeita fixar un prezo mínimo e a retirada de 40 millóns de litros de leite. UUAA confía na "presión" da Xunta e o SLG recrimínalle ao presidente que non achegue solucións xa
O SLG pode denunciar Logística Alimentaria por incumprir contratos e pagar por debaixo de 21 céntimos
O sindicato denuncia que a empresa pagou o leite de maio e xuño cun prezo base de 21 céntimos para o 80% da produción, e de 18 céntimos para o 20% restante
Multitudinario berro pola dignidade do sector lácteo galego
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela en defensa do sector leiteiro e para esixir prezos dignos para os seus produtos. Os sindicatos agrarios reclaman que o presidente da Xunta se poña á fronte da mediación coa industria e a distribución. Galería de imaxes no interior
Sen leite non hai pan, Parroquia de Oirán!
Óscar Antón Pérez García
O leite é o futuro de Galicia
Rafael Cuíña
"Se a conselleira non ten un plan para o sector leiteiro de maneira inmediata, debería dimitir"
ENTREVISTA Este venres a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego chama a manifestarse en Compostela en defensa de solucións á crise que sofren os produtores de leite e en demanda de prezos xustos e dignos. Falamos con Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
O leite galego: An inconvenient truth
Maxi Vázquez Salvado
Alcaldes de concellos gandeiros demandan un prezo "digno" para o leite
18 rexedores reuníronse en Compostela e tomaron como base unha moción de apoio aprobada onte en Lalín. O venres o sector manifestarase en Santiago, nunha marcha convocada por SLG, UUAA e ASAJA-Galicia. Dimite o coordinador da Asociación de Industrias Lácteas de Galicia
Nace a Plataforma pola defensa do sector lácteo galego
A entidade, formada polos sindicatos agrarios, e apoiada por partidos, cooperativas e outras organizacións sociais, esíxelle actuacións urxentes á Xunta e ao Goberno central e chama a participar na manifestación en defensa do sector, convocada para o venres 17 de xullo en Compostela.
O campo galego mobilízase ante a súa dramática situación
Santiago acollerá unha manifestación o 17 de xullo. O BNG demanda a comparecencia de Feijoo no Parlamento e chama a unha fronte de alcaldes "sen cor política". O PSdeG tamén denuncia a "irresponsabilidade" da Xunta. Lidia Senra e Isabel Vilalba denuncian en Bruxelas a crise.