
A suba dos custos de produción afoga o sector gandeiro, que volve ás protestas
Tractoradas e mobilizacións ante as industrias lácteas únense ás protestas dos produtores de carne vacún, todas elas na demanda de prezos xustos no campo galego.
Tractoradas e mobilizacións ante as industrias lácteas únense ás protestas dos produtores de carne vacún, todas elas na demanda de prezos xustos no campo galego.
Pódense atopar ofertas dez céntimos por debaixo do mínimo establecido. O sindicato sinala que "a política de brazos cruzados da Xunta para facer cumprir o Acordo Lácteo, un texto que Núñez Feijoo se fartou de cualificar de 'histórico', segue a empurrar á quebra as pequenas e medianas explotacións galegas"
Un informe da Fundación Juana de Vega destaca o aumento do número de toneladas entregadas, que triplican as da segunda rexión do Estado, Castela e León. Galicia sitúase preto das principais zonas produtoras do continente, concentradas en Alemaña, Países Baixos, Francia ou Irlanda.
Esta semana presentouse a "nova estratexia do sector lácteo". O SLG denuncia o "triunfalismo inxustificado do Goberno", que se "esforzou en bosquexar unha imaxe idílica do sector lácteo galego que pouco ou nada ten que ver coa realidade".
A Xunta promocionou abertamente a implantación da compañía instalada no polígono de Curtis, que agora di verse "abocada" á rebaixa de prezos aos gandeiros por mor da pandemia e pide "marxe de tempo" para poder "encarar o máis que próspero futuro" que augura para o proxecto empresarial. "Esta práctica é a todas luces contraria á normativa vixente que se recolle na lei da cadea alimentaria", di Unións Agrarias, que xa a denunciou formalmente
O prazo para a presentación da denuncia contra o cártel do leite, sancionado por Competencia, remata o 11 de xullo. Organizacións agrarias e bufetes de avogados animan as explotacións a reclamar o diñeiro non percibido durante anos polos pactos entre compañías.