Galicia é unha potencia leiteira a nivel europeo. Así o amosan as estatísticas, que a Fundación Juana de Vega vén de analizar nun informe que, a partir dos datos de Eurostat, compara as producións anuais nas distintas rexións do continente. Entre os territorios de nivel NUTS-2 (que no Estado español é o que corresponde ás comunidades autónomas) Galicia é o décimo produtor a nivel europeo, con ao redor de 3 millón de toneladas anuais de leite e unha tendencia de aumento nos últimos anos.
Galicia atópase entre os territorios de maior produción, nunha clasificación que está encabezada pola rexión sur de Irlanda, seguida da Bretaña francesa e a Lombardía italiana
No informe, a Fundación destaca que Galicia se atopa entre os territorios de maior produción, nunha clasificación que está encabezada pola rexión sur de Irlanda, seguida da Bretaña francesa e a Lombardía italiana, as tres por riba dos cinco millóns de toneladas anuais de leite. Rexións alemás, polacas, francesas e neerlandesas aparecen entre as primeiras posicións, nas que chama a atención a ausencia de territorios do sur de Europa, sendo Galicia, xunto con algunha rexión italiana, as excepcións.
"A produción de leite tende a concentrarse", medrando máis as grandes produtoras, e manténdose ou descendendo aqueles territorios non especializados nesta industria
A Fundación, a través do autor do informe, Adrián Botana Fernández, chama a atención sobre a posible distorsión que se establece ao empregar o nivel NUTS-2 como delimitador, pola diferente dimensión que estes territorios teñen nuns e noutros países. Así, por exemplo, os länder alemán figuran como territorios NUTS-1, polo que os seus datos aparecen segmentados en entidades de menor tamaño, que si figuran como NUTS-2.
O documento salienta que os datos amosan que "a produción de leite tende a concentrarse", medrando máis as grandes produtoras, e manténdose ou descendendo aqueles territorios non especializados nesta industria, "polo que é probable que estas rexións medren máis que a media dos seus países", como ocorre no caso de Galicia no contexto de España.
Galicia triplica a produción do segundo territorio da Península Ibérica, Castela e León
O informe compara o último dato dispoñible (2019) co do ano 2014. Neste lustro Galicia incrementou a súa produción máis dun 9%, case 250 mil toneladas. Tamén o fixeron moitas das rexións que encabezan a lista, especialmente as de Polonia, Irlanda e Países Baixos. Fixérono en menor medida as alemás ou francesas.
O elevado nivel de produción galego é máis evidente se se compara cos restantes territorios da Península Ibérica. Despois de Galicia, a segunda rexión é Castela e León, cunha produción de 915 milleiros de toneladas no ano 2019 (fronte ás 2.900 de Galicia). Aparece despois Catalunya (753), a rexión Norte portuguesa (743), Asturias (577) e Andalucía (575),