
A "intermediación" de Gerardo Crespo con Carlos Negreira
O alcalde da Coruña limita a súa relación co líder da trama á que mantén con "calquera outro representante de veciños" pero os investigadores revelan os seus "intentos de amaño" de adxudicacións co Concello e o relevante vínculo do empresario co rexedor e coa administración local.