
A Xunta tenta esquivar a trama Zeta no debate sobre corrupción
A oposición lamenta que Feijóo aposte por unha "comparecencia cara á galería" para "iniciar unha nova campaña mediática" no canto de acordar un plan contra a corrupción.
A oposición lamenta que Feijóo aposte por unha "comparecencia cara á galería" para "iniciar unha nova campaña mediática" no canto de acordar un plan contra a corrupción.
A conselleira de Traballo xustifica a aceptación dun presente en 2010 porque "non había normativa" que o impedise, se ben a Lei de Transparencia veta os presentes alén da "cortesía" dende o ano 2006
A comisaria europea de Emprego, Marianne Thyssen, confírmalle ao socialista José Blanco que as autoridades comunitarias agardan dende o pasado 10 de decembro por "información" dos cursos de formación presuntamente fraudulentos para decidir se inician unha investigación propia.
Toda a oposición esixe a dimisión da conselleira de Traballo nunha comparecencia na que os conservadores reclaman explicacións sobre a xestión do Goberno bipartito e o resto de grupos, claridade sobre o financiamento do PP. Mato anuncia novas medidas de control sobre os cursos de formación.
Tras máis de corenta vetos o presidente da Xunta asegura que comparecerá no Parlamento pero non para abordar a trama Zeta, como pide a oposición, senón para "presentar" reformas legais en materia de control de posibles prácticas corruptas. Mentres, o PP anuncia que "renderá contas da súa xestión" cun mitin de todo o Goberno.
O presidente da Xunta retruca á enésima petición de explicacións sobre a presunta rede corrupta asegurando que a Vicepresidencia do bipartito adxudicou un contrato de 65 millóns en funcións, aínda que datos do propio Goberno acreditan que non foi así. O xefe do Executivo revela que o xulgado que instrúe o caso reclama datos sobre cursos de formación dende o ano 2000 e pide a dimisión de Tania Sánchez, dirixente de IU en Madrid.
O Consello de Contas reflicte achegas a Gecreri por importe de 470.000 euros en 2010 e 360.000 euros en 2009. No ano en que comezou a investigación da presunta fraude a empresa logrou algo máis de 400.000 euros e, cando as indagacións xa estaban en marcha, outras entidades de Crespo seguiron sendo subvencionadas. O PP volve vetar que Feijóo compareza no Parlamento sobre o caso
As persoas imputadas na trama da presunta fraude nos cursos de formación pasan de 7 a 30 mentres Feijóo segue a negarse a aclarar a súa relación co suposto conseguidor da rede.
A ampliación de crédito para plans de emprego aprobada polo PP ao chegar ao Goberno beneficiou dúas organizacións presuntamente ligadas á trama Zeta. Traballo afirma que estas achegas foron responsabilidade da coalición de PSdeG e BNG, pero en 2009 presentounas como medidas de Feijóo contra a crise económica.
A Consellería de Traballo aprobou en agosto e setembro de 2009 dúas ampliacións de crédito que financiaron axudas a entidade ligadas á trama Zeta por cantidades que, segundo Feijóo, foron concedidas pola coalición de PSdeG e BNG. Os socialistas acusan o presidente de "mentir" e esíxenlle unha "desculpa pública".
O presidente da Xunta rexeita responder sobre a súa amizade con De Lucas porque "o que se persegue é non falar da investigación" polas "responsabilidades" do bipartito. Resolucións da Consellería de Traballo acreditan que as entidades de Crespo recibiron axudas da Xunta despois do inicio da investigación. Galería de correos electrónicos no interior