Os 1.942 días de Mariano co “veleno dentro”
A agonía de Rajoy fíxose interminable froito da debilidade da democracia española, a súa lendaria resistencia herdada de Albor e os erros encadeados dos rivais. Agora acelerouna a sentenza que confirma a veracidade dos papeis de Bárcenas e que pon en perigo a súa continuidade, polo incerto camiño da moción de censura ou polo seica máis viable pero moi complexo de que se forcen eleccións axiña. Por Anxo Lugilde.