Pola sanidade pública
En Marea, PSdeG e BNG pactan investigar a morte no PAC da Estrada e os recortes sanitarios
Villares, Leiceaga e Pontón pecharon nunha xuntanza os detalles da comisión de investigación, que anunciarán este venres. As tres forzas da oposición aproveitarán a norma que permite crear unha comisión por lexislatura sen maioría absoluta para indagar no falecemento do paciente da Estrada sen atencion médica e "nos efectos da política de recortes do PP na sanidade"
A Xunta ocultou pactos cunha multinacional sanitaria americana que non puxo "impedimento" para revelalos
Sanidade negouse a entregar á Asociación de Pacientes do CHUS os convenios coa empresa estadounidense Medtronic sen consultar con ela, como marca a lei. Tras facelo por orde da Comisión de Transparencia constatou que a compañía non se opuña a revelalos
Case 5.000 persoas excluídas, erros e arbitrariedade: historia de seis anos sen sanidade universal
O Congreso avalou a recuperación da sanidade universal que o Goberno de Pedro Sánchez puxo en marcha a través dun decreto lei. Colectivos sociais que levan anos batallando contra as consecuencias do recorte ven "un paso positivo" na reforma e instan o Executivo a emendar as "lagoas" para que ninguén fique fóra
A Xunta presume de xestión sanitaria antes de que Feijóo teña que responder pola morte dun paciente no PAC da Estrada
CON VÍDEO Sanidade emite nas pantallas dos centros de saúde vídeos nos que retruca ás críticas e protestas pola carencia de pediatras. Feijóo anuncia futuras contratacións do Sergas na semana previa a que En Marea e BNG o cuestionen no Parlamento polo falecemento
Sanidade volve ocultar ao Parlamento cantas camas pecha nos hospitais durante o verán
A Xunta respondeu o 27 de agosto que "durante os meses de verán a porcentaxe media de camas funcionantes será do 88%", o que suporía que as pechadas serían arredor dun milleiro
As manifestacións pola sanidade multiplicáronse por seis en Galicia o pasado ano
En total comunicáronse 3.525 protestas no país, un número inferior ao do 2016 (3.935). Porén, as motivadas por cuestións sanitarias pasaron de 45 a 271. Galicia foi, de feito, a comunidade autónoma con máis marchas convocadas por este tema, máis dun terzo do total das realizadas en España
O BNG denuncia que se superaron os 30 graos dentro do Hospital de Pontevedra na vaga de calor
A formación leva ao Parlamento a situación vivida por doentes e familiares no Hospital Provincial de Pontevedra, cualificada de “inhumana, terceiromundista, inexplicábel, insoportábel” pola deputada Montse Prado, que asegura que nalgúns casos se acadaron os 35 graos
Os colexios médicos esixen ao Sergas que "reaccione" na cobertura de prazas tras a morte no PAC da Estrada
A familia do falecido confirma que emprende accións legais contra Sanidade. "Se ben é certo que existe escaseza de médicos, esta non poder ser a única resposta da Administración aos problemas", di o Consello de Colexios Médicos de Galicia, que reclama ao Sergas un "plan urxente"
Persoal do Sergas lembra que xa alertara da falta de médicos en centros como no que morreu un home sen ser atendido
"Esta desgraciada situación veu demostrar as advertencias que vimos realizando", di a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública. Colexio Médico de Pontevedra e CIG reclaman aplicar as melloras pendentes na Atención Primaria e que todos os PAC conten "con equipos completos" para evitar que queden sen médico
A familia do falecido no PAC da Estrada sen atención médica: "Esta é unha consecuencia palpable dos recortes"
"Sufriu unha indisposición, tentou vomitar e non puido; atragoouse e morreu asfixiado", relata a Praza.gal Manuel Pereira, curmán do falecido. O Sergas admite os feitos mentres a oposición parlamentaria lembra que o persoal dos PAC se mobiliza dende hai meses polas carencias do servizo
Os PAC "en pé de guerra" e a folga no 061 alargan o conflito na sanidade pública este verán
"Dende hai dez anos non se revisan os plans funcionais" dos PAC malia ás mudanzas da poboación galega neste tempo, denuncia o persoal. No 061 o persoal estatutario está en folga para para esixir ao Sergas unha compensación "xusta" polo traslado á nova sede de Emerxencias na Estrada