Piden investigar a empresa dunha excargo do PP polas deficiencias no novo hospital de Vigo
Nas primeiras semanas de funcionamento do hospital producíronse pingueiras e inundacións e caeu parte dun teito. O PSdeG suxire a creación dunha comisión de investigación e a CIG-Saúde presenta unha nova denuncia ante a Inspección de Traballo.