
Pódese falar do que se queira no Parlamento?
A Presidencia da Cámara galega aplícalles con rixidez aos grupos da oposición o precepto regulamentario que impide abordar temas diferentes ao que marca cada punto da orde do día. Vídeo no interior
A Presidencia da Cámara galega aplícalles con rixidez aos grupos da oposición o precepto regulamentario que impide abordar temas diferentes ao que marca cada punto da orde do día. Vídeo no interior
O debate de Orzamentos afonda na espiral de liortas e apercibimentos aos grupos da oposición que vén caracterizando o lexislativo galego nos últimos meses
Membros da plataforma que representa diversos colectivos artísticos do país reclaman que Jesús Vázquez responda ao que lle preguntaba o BNG sobre a ausencia de programación en AGADIC e a presidenta da Cámara ordena a súa marcha
Pilar Rojo forza a retirada da acta do pleno parlamentario da intervención na que a nacionalista considerou que o presidente incorre en "corrupción" ao lanzar "mentiras" na Cámara
Quen non se comprometa por escrito a non cometer "desordes" durante o pleno poderá seguir a sesión a través dunha pantalla no grupo parlamentario que o convidase.
Pilar Rojo transmítelles verbalmente aos grupos a súa intención de permitir que os grupos poidan volver convidar cidadanía á Cámara. As persoas visitantes terían que asinar un compromiso de non alterar a orde da sesión.
A presidenta da Cámara convoca os voceiros de PSdeG, AGE e BNG a unha xuntanza na que lles reclamará pactar para evitar incidentes nos plenos. A oposición reclama a fin das restricións.
Paula Prado estréase como voceira dos conservadores acusando a oposición de "facilitar que se cometan delitos" na Cámara e istando os deputados de PSdeG, AGE e BNG a devolver o salario do pleno ao que non asistiron para protestar polas restricións da presidenta. Audio no interior
A oposición abandona a sesión plenaria de Orzamentos, interrompida despois de que AGE e BNG lograsen o acceso á tribuna de convidados de representantes do persoal de Navantia e da Universidade de Santiago. Pilar Rojo censura o "atentado" a unha "alta institución do Estado". Vídeo e galería de imaxes no interior
O Regulamento da Cámara establece que os plenos serán "públicos" como norma xeral e non especifica os criterios para autorizar o acceso de persoas convidadas
Navantia descarta a construción da infraestrutura porque o seu financiamento sería considerado ilegal pola UE. A Xunta presume de que se "desatascasen" os contratos de Pemex, malia que nunca recoñeceu atrancos, e destaca avances para a construción de 25 buques mexicanos.
As tres forzas da oposición advirten de que darán "unha resposta conxunta, firme e contundente" se Pilar Rojo non recúa no veto aos convites ás sesións plenarias; o PP acúsaos de "esaxerar" e ratifica que o criterio da presidenta será o único que se aplique para admitir ou non as persoas convidadas