
"Se tivesen certa conciencia poética, non pasarían cousas coma a dos bancos e as preferentes"
Gañar o premio Xerais con só 26 anos e sendo unha escritora ocasional é algo extraordinario. Que a obra gañadora estea escrita a catro mans con teu pai engádelle aínda máis interese á historia. María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleiron -o irmán de Eusebio- gañaron o Xerais con Tonas de Laranxa, unha narración coral con arrecendo a froita e ronsel cunqueirán.