
"Que nos escoiten desde Compostela até Bruxelas: Somos aforradores, non especuladores"
Os afectados polas preferentes percorren as rúas de Santiago para esixir a devolución dos seus cartos e rexeitar a solución da arbitraxe.
Os afectados polas preferentes percorren as rúas de Santiago para esixir a devolución dos seus cartos e rexeitar a solución da arbitraxe.
Diversas plataformas asumen que boa parte dos estafados están optando pola vía recomendada pola Xunta a pesar de non estar de acordo con ela e ante o temor a unha vía xudicial "longa e dura" e unhas quitas que poden superar o 70%. As peticións de arbitraxe en Galicia ascenden a 13.300.
Unha forte presenza policial impediu que os manifestantes se achegasen aos dirixentes populares, pero os seus berros reclamando a devolución dos seus cartos e responsabilizando o Goberno central e galego do sucedido interromperon os discursos dos políticos.
O Consello de Ministros aprobou o decreto de reforma financeira, que acata as condicións impostas pola Comisión Europea, entre elas a que limita ao prezo de mercado máis o 10% o que pode ofrecer polas participación preferentes. Os afectados comezan a recorrer de forma masiva á arbitraxe, xa con máis de 11 mil peticións.
Este xoves volveron concentrarse diante das oficinas de NGB, desta vez na Coruña, e advirten que se "farán ver" nos actos políticos previos aos comicios do 21 de outubro, sobre todo os do PP. Un dos berros máis repetidos foi "Feijoo, o teu voto xa voou".
A reforma financeira que aprobará o Consello de Ministros permítelle ao Estado pagar polos títulos só o prezo de mercado, polo que os milleiros de aforradores galegos poderían perder a metade do capital retido polos bancos. Ademais, a reforma impide que os afectados lle reclamen á entidade ou ao FROB.
Os cambios no FROB, que este venres aprobará o Consello de Ministros, inician unha longa serie de medidas que o Goberno de Mariano Rajoy adoptará nos vindeiros catro meses para cumprir o memorando ditado pola troika.
O BNG instou á Xunta a impugnar o decreto que o Goberno central aprobará o venres, que segundo os nacionalistas imporá unha quita do 60% para os tenedores de participacións preferentes. Acusou, así mesmo, ao PP de "marear" coa arbitraxe.
Esperan reunir máis de cinco mil persoas nunha marcha que comezará ás once da mañá deste sábado, continuando coa estratexia de protestar “onde veranean os banqueiros”. Este venres concentráronse en Santiago, A Coruña, Pontevedra, Vigo, O Grove, Sanxenxo, Cangas e A Guarda, pechando varias oficinas de NGB e reclamando a devolución íntegra dos seus cartos.
Segundo publicou este martes o Financial Times, o Executivo español estaría tentando que as institucións europeas acepten que a quita esixida polo acordo do rescate bancario (pola que os clientes perderían entre un 50 e un 70 por cento do seu investimento) se compense nun prazo de catro a seis anos cun alto interese para os seus depósitos.
Son "persoas que realmente compraron produtos enganados e sen coñecer exactamente as condicións", tal e como aclarou o conselleiro Guerra, polo que Novagalicia Banco deberá reembolsarlles os cartos.