
Que inventen eles!
Docentes, investigadores, PAS e estudantes preparan un "marzo quente" na USC
A Plataforma en Defensa da Universidade pública, que agrupa a todos os colectivos, esíxelle a Juan Casares que exerza as súas funcións como reitor e defenda o financiamento e a autonomía da USC. A PDUP anunciará nos vindeiros días un calendario de mobilizacións.
A falta de financiamento pon en perigo o modelo de universidade
As universidades galegas atravesan unha crise motivada polos problemas de financiamento (o da USC reduciuse un 20% nos últimos tres anos), que xa está levando a unha degradación da investigación e a docencia, directamente afectados polos recortes decretados por Feijoo e Rajoy, e que podería supoñer un incremento dos prezos das matrículas.
Tempos escuros
Manuel Dios“Galicia retrocedeu 20 anos en investigación”
A decisión da USC de despedir a 17 investigadores do programa Parga Pondal, alén das consecuencias persoais que tivo para os afectados, puxo de relevo as dificultades que nos últimos tempos sofre a I+D+i no noso país, por mor dos recortes no financiamento e o desinterese oficial. A investigación e o coñecemento teñen que emigrar?