O curso comeza en Galicia con recortes masivos e 1.000 profesores menos
CIG e CCOO denuncian que os colexios galegos contarán cun milleiro de docentes menos, aulas máis masificadas, carencia de especialistas ou desatención á diversidade, o que consideran unha "precarización" do ensino público provocada pola "clara intención ideolóxica" da Xunta do PP.