De Guindos acelera o final de Novagalicia Banco
As novas esixencias de blindaxe ante o ladrillo obrigan a NCG Banco a captar uns 1.000 millóns máis e a explicar antes de xullo como o fará. A premura imposta polo Goberno central e a preferencia do Banco de España pola poxa pechan aínda máis as portas a un futuro en solitario para a entidade.