Queer Avengers: educando contra a homofobia desde Youtube ata os institutos
ENTREVISTA Este grupo de mozos 'youtubers' galegos destacan na Rede cunha canle de vídeos contra a LGTBIfobia e cunha mensaxe alegre e divertida que instrúe os máis novos na igualdade. O seu éxito lévaos mesmo a dar charlas en centros escolares. Falamos con tres deles.
A idade media da maternidade dispárase en Galicia neste século
Máis do 70% dos nacementos no país son de nais de entre 31 e 40 anos, vinte puntos máis que en 2000. O número de partos en mulleres de máis de 40 anos triplicouse desde o comezo do milenio.
Día Mundial da Saúde... ou de Acción contra a Comercialización da Saúde
Diversas organizacións aproveitan o 7 de abril para celebrar o primeiro Día de Acción Europea contra a Comercialización da Saúde e dos Servizos Sociais -ou Día da Saba Branca- contra a mercantilización dos servizos sanitarios.
Os peches na USC rematan pero a mobilización por máis docentes continúa
Os encerros iniciados na facultade de Filosofía hai catro semanas contra a falta de profesores especialistas e a "precariedade" no ensino finalizan á espera de máis protestas e logo dun modelo "asembleario" que "xa é unha gran vitoria do estudantado".
Nicanor Acosta volve aos xulgados: "son un exemplo da represión contra os movementos sociais"
O activista de 76 anos volve recorrer unha sanción gobernativa, desta vez de 120 euros por cortar o tráfico nunha manifestación dos afectados polas preferentes hai tres anos. "O meu non ten ningunha importancia, o realmente importante é a represión sobre os parados ou as mulleres...", di.
Nicanor Acosta: "O 15M supuxo atoparme de novo a min mesmo"
O coñecido activista coruñés, de 76 anos, volve este luns aos xulgados e continúa a acumular sancións por participar en diferentes mobilizacións. Sancións que, aclara, "non van alterar" a súa "liña de conduta".
"O pobo quere acollelos, pero os refuxiados só son números para os gobernos"
ENTREVISTA Nadia Hariri é representante de SURIA, colectivo de sirios na Coruña que busca visibilizar o conflito no seu país e axudar os refuxiados que cheguen a Galicia. "Hai moreas de solicitudes para acollelos, pero non dan chegado porque o Executivo central non quere", di.