Clodio González Pérez naceu en Cenlle (Ourense) en 1947. Ensinante xubilado, historiador e etnógrafo. Autor de varios libros, traballos de investigación e artigos xornalísticos. Premio nacional de prensa do certame Artesanía, tradicións e costumes de España (artigos en La Voz de Galicia), os anos 1984, 1985, 1986 e 1987 (ex aequo cunha colaboradora de El País). Premio de investigación da Deputación de Pontevedra en 1987 e 1992 e do concello de Celanova - Deputación de Ourense, en 2008.