Delfín Caseiro

Delfín Caseiro

Delfín Caseiro Nogueiras (Rairiz de Veiga, 1954), catedrático de Lingua Galega e Literatura e inspector de educación. É autor dos libros: Romaría da Saínza. Mouros e Cristiáns (2003); Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional (2005); A lenda da Lagoa de Antela (2009) e coautor da Luz da chuvia (2019) e do Lebre das Casarizas, unha vida de máquinas e inventos (2019). Ten realizado traballos ensaísticos sobre diversos autores galegos, así como colaboracións en obras colectivas. Escribe artigos nos xornais La Region, Faro de Vigo e O Sil, así como nas revistas Lethes, Raigame e Revista Galega de Educación. Presidente do Padroado do Museo da Limia.