  - Un sindicato noruegués financia as exhumacións de guerrilleiros galegos- Unha central sindical de electricistas achega 6.000 euros á ARMH, o que permitiu xa recuperar os restos do antifascista galego Perfecto de Dios en Ávila e que permitirá comezar os traballos para exhumar os dun dos 'Pitacega' en Murias de Rao (Lugo). 
  - A escola pública naufraga na integración de nenos con autismo- En Madrid a rede de colexios ordinarios con aulas especiais para alumnos segue en fase experimental 11 anos despois da súa implantación. A Consejería de Educación busca recortar unificando aulas de referencia nas que un terzo dos seus alumnos necesitaría atención especial 
  - "Chámanlles Centros de Internamento pero seguen sendo cárceres"- Unha delegación de europarlamentarios visita o CIE de Aluche (Madrid) e aínda que constata melloras nas instalacións pide o peche destes lugares de retención de estranxeiros 
  - A economía solidaria move o crédito que as entidades capitalistas reteñen- O préstamo non flúe no mercado bancario pero alternativas cooperativas como COOP57 si axudan a financiar proxectos con obxectivos sociais. É o caso do colectivo de xestión cultural ZEMOS98. 
