Da traxedia de Lampedusa á crise do Open Arms: menos medios de rescate, acoso a ONG e Libia ao mando
Logo da "vergonza" daquel naufraxio, a UE comprometeuse a buscar solucións, pero seis anos despois hai menos medios para rescatar no Mediterráneo e non hai misión alternativa á operación Mare Nostrum, o que empurrou as ONG a fretar barcos que sofren restricións e bloqueos
- Reportaxe
- Acontece
Quen son e de que foxen os rescatados do Open Arms
O deputado de Ciudadanos Marcos de Quinto esbardallou contra os "ben comidos pasaxeiros" do buque cando a maioría de rescatados foxen de todo tipo de abusos en Libia, onde sofren "horrores inimaxinables" segundo a ONU, ou de Eritrea e Sudán, con violacións de dereitos xeneralizadas
Case 5.000 persoas excluídas, erros e arbitrariedade: historia de seis anos sen sanidade universal
O Congreso avalou a recuperación da sanidade universal que o Goberno de Pedro Sánchez puxo en marcha a través dun decreto lei. Colectivos sociais que levan anos batallando contra as consecuencias do recorte ven "un paso positivo" na reforma e instan o Executivo a emendar as "lagoas" para que ninguén fique fóra
Dous anos da morte de Aylan: "Todo foi a peor para os refuxiados"
Máis de 500 menores morreron no Mediterráneo desde a aparición do corpo do pequeno nunha praia turca. As ONG alertan das restricións de Libia e Italia aos barcos de rescate. "Hai un virus de insensabilidade absoluta; dálles igual que morran 2.000 ou 12.000, tanto lles ten", di Save The Children.