"O desexo de ser un Estado de dereito e a realidade de selo tan só de feito"
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, ven de publicar a segunda edición do Informe Mundial de Estados de Feito (IMEF) 2013, un fenómeno habitual na política contemporánea e factor clave nas transformacións xeopolíticas actuais.
Eleccións presidenciais en Irán. Punto e final á 'era Ahmadíneyad'
O Igadi publica un novo paper, centrado nesta ocasión nas inminentes citas electorais en Teherán. Uns comicios con candidatos de perfil baixo nos que tanto as opcións reformistas coma as próximas ao actual presidente foron excluídas.
XXI Cumio da Unión Africana. Un balance tras 50 anos de integración
O IGADI publica un novo paper, centrado nesta ocasión na análise do recente encontro celebrado en Etiopía por todos os países do continente, das súas relacións internas e potencialidade económica, e tamén nas relacións preferentes establecidas con Brasil ou China.
A reivindicación de Galicia como actor estratéxico da lusofonía
O Igadi publica unha reflexión sobre a cuestión trala aprobación da Iniciativa Valentín Paz-Andrade e o XXVI Cumio España-Portugal
'Guerra de Disuasión' en Siria
O IGADI analiza nun novo paper a actual situación do conflito armado que sofre Siria, ao redor do que os Estados Unidos, Rusia, Irán, Israel e China xogan nun inestable equilibrio.
Novas realidades para Obama en América Latina
O IGADI publica unha análise sobre a xira que Obama realiza por Centroamérica, nunha realidade cambiante na rexión.
Eleccións en Venezuela e Paraguai. Novos sinais en América Latina
A evolución deste novo contexto electoral a nivel rexional debuxa unha eventual moderación do ciclo expansivo de vitorias electorais da esquerda acaecido na pasada década. Análise do IGADI
Impunidade en Guantánamo: EUA pode violar os dereitos humanos
Dez anos despois da invasión militar de Iraq de marzo de 2003, 130 presos manteñen dende o pasado mes de febreiro unha protesta polas penosas condicións deste cárcere e pola frustración xerada polo incumprimento da promesa do seu peche. Análise do IGADI.
A hora da paz no Curdistán
A petición de Abdullah Oçalan, histórico líder do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK) que cumpre cadea perpetua desde 1999, de instar o cese da loita armada no Curdistán turco, abre a perspectiva dun eventual proceso de pacificación do conflito curdo
Un Nobel da paz en guerra? A deriva belicista da Unión Europea
O IGADI publica un novo informe, centrado nesta ocasión en analizar as recentes intervencións militares da UE en Libia (2011) e Malí (2013), así como os seus intereses xeopolíticos na súa periferia mediterránea e oriental.
China ultima o Gran Salto: Adiante?
O Igadi publica o IgadiPaper nº102, centrado nesta ocasión no programa do PCCh e o novo impulso á política de reforma e apertura trala ratificación de Xi Jinping como Presidente de China.
A Venezuela post-Chávez e o futuro da Revolución Bolivariana
O IgadiPaper nº101 analiza o escenario político de Venezuela tras a morte de Chávez: "é factible considerar que o chavismo post-Chávez transite por un proceso similar ao acaecido co peronismo na Arxentina, tendo en conta a identificación das bases populares do movemento co seu carismático líder"