Malí: unha 'yihad' no Sahel
A intervención militar francesa na crise política de Malí repercute nunha serie de variables de carácter xeopolítico e estratéxico vinculadas á estabilidade rexional do Magreb e de África Occidental e mesmo ao control do narcotráfico e outras actividades delictivas.
China define o seu rumbo
O balance previsible deste XVIII Congreso do PCCh apunta a un novo impulso ás reformas económicas, especialmente no financeiro cunha lentitude maior no desmantelamento dos grandes monopolios públicos e na definición concreta de reformas políticas.
Eleccións presidenciais en EUA: entre a incerteza e a polarización
Outras variables que gravitarán nestas eleccións 2012 teñen que ver coa transformación sociolóxica estadounidense, en especial polo incremento do peso político e electoral das comunidades hispana, afroamericana e asiática; e igualmente ante o paulatino esvaecemento da influencia exterior de Washington.
Colombia: ás portas da paz?
O Igadi publica unha completa análise sobre o proceso de desarme iniciado no país e que o 8 de outubro sentará en Oslo a representantes do presidente colombiano e comisionados das dúas principais guerrillas: FARC e ELN.
Obama-EUA: balance en 11S e ano electoral
O 6 de novembro celébranse as eleccións á Presidencia dos EUA, aínda a primeira potencia económica mundial e sen dúbida a única superpotencia militar. Xóganse hexemonías con consecuencias globais.
As Malvinas: soberanía e petróleo
A polémica en torno á soberanía das Illas Malvinas volve copar a escena trinta anos despois da guerra. Apréciase un retorno das tensións políticas e diplomáticas entre Bos Aires e Londres, ante a perspectiva de celebración dun plebiscito soberanista en 2013, da intransixencia británica e ante os intereses de explotación das reservas petroleiras presentes na plataforma marítima e territorial das illas.
Cumio de Río+20: a hora do desenvolvemento sostible?
Río de Janeirio acollerá do 20 ao 22 de xuño a Conferencia da ONU para o Desenvolvemento Sostible, mais coñecida como Cumio de Río+20. Terá dous eixos principais de discusión: a economía verde e a erradicación da pobreza e a potenciación dun marco institucional adecuado para alcanzar o desenvolvemento sostible
China-Filipinas. Ás portas da guerra?
A comezos de abril un barco de guerra filipino intentou arrestar un grupo de pescadores chineses que fanaban preto dun territorio, as illas Huangyan, que ambos países reclaman como seu. A controversia por esta diminuta illa situada no Mar de China meridional foise agravando co paso das semanas dando orixe ao enfrontamento máis serio entre China e Filipinas en anos recentes. As augas do Mar de China meridional contan con entre 23.000 e 30.000 toneladas de reservas de cru e 16 billóns de metros cúbicos de gas natural. Velaí a razón última do litixio e a maior dificultade para atopar unha solución diplomática que satisfaga a ambas partes. Unha análise do IGADI
Eleccións en Grecia: un revés político para a “troika” europea
O IGADI analiza o resultado das recentes eleccións celebradas no país heleno e na que se produciu unha forte caída dos dous principais partidos. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional presentou este venres o libro Irlanda en Plácido Castro.
O final da era Sarkozy?
Este domingo Francia celebra a primeira volta das súas eleccións presidenciais nun contexto de atomización política e coa eventual perspectiva dun cambio de goberno. Paralelamente, estes comicios son relevantes para dirimir a actual xeopolítica europea. Un texto do IGADI (www.igadi.org)
Islandia: outra saída da crise
Silenciada e escasamente atendida polos mass media, a peculiar revolución popular que vive Islandia a resultas da crise financeira de 2008 desenvolveuse a través dunha masiva e pacífica rebelión cidadá destinada a reconducir os poderes públicos nacionais e sanear a súa economía mediante a nacionalización do seu sistema financeiro, a negativa a pagar a débeda externa e a vontade de reescribir a Constitución nacional.
Eleccións presidenciais en Timor Leste: Entre a polarización e a estabilidade
Baixo un tenso clima político, a República Democrática de Timor Leste celebrará este 17 de marzo a súa terceira elección presidencial para un período de cinco anos, tras a proclamación da súa independencia de Indonesia en 1999 e o seu recoñecemento formal internacional en maio de 2002. En xuño próximo, Timor Leste celebrará eleccións lexislativas.