O futuro de Reganosa, en mans do Goberno en funcións
O Ministerio de Industria debe concederlle no prazo máximo de dous meses unha nova autorización á regasificadora ou paralizar a súa actividade. En Marea levará o tema ao Congreso nas vindeiras semanas, nas que se espera que o Supremo anule tamén o proxecto de construción da planta.
O Ministerio de Cultura só adquire licenzas de libros dixitais en castelán para as bibliotecas
Na convocatoria de 2015, adxudicada o pasado mes de novembro, dedicou 600 mil euros a estas compras, excluíndo o galego, o catalán e o euskera.
Hai demasiados concellos en Galicia? Pois depende
Boa parte do debate ao redor das fusións municipais centrouse na escasa poboación de moitas localidades. Porén, na nosa comunidade só 3 localidades contan con menos de 500 habitantes, fronte ás 1.756 de Castela-León, as 538 de Aragón ou as 551 de Castela-A Mancha.
"Non estaría mal ter un mínimo de seguridade para poder rexeitar traballos polos que che pagan 600 euros"
ENTREVISTA Jorge Moruno, sociólogo e responsable de discurso de Podemos, presentou esta fin de semana na Coruña, Compostela e Vigo o seu libro La fábrica del emprendedor. Trabajo y Política en la Empresa-Mundo (Akal)
"Hai un sistema que provoca unha indiferenza brutal sobre o que lle sucede ao outro"
ENTREVISTA Xabier Ron coordina as xornadas Crise Humanitaria: Ás portas de Europa, impulsadas por Esquerda Unida e o Foro Galego de Inmigración, que están a percorrer o país promovendo o debate sobre a situación das persoas refuxiadas e as persoas migrantes.
As mortes dun percebeiro e dun traballador da construción poñen o foco na elevada sinistralidade laboral
A taxa de mortalidade no traballo en Galicia (7.41 falecementos por cada 100.000 empregados/as) duplica a media española (3.55). En 2015 perderon a vida 57 persoas.
Non é país para ter fillos e fillas
As deducións na declaración da renda ofrecidas por Galicia sitúanse por riba da media do conxunto de autonomías. O escaso apoio existente en España contrasta coa situación de boa parte de Europa.
Aspirantes a cátedra na USC: "O importante é que teñamos expectativas"
150 profesores/as acreditados/as denuncian que hai seis anos que a institución non crean estas prazas. O plan económico acordado por universidade e Xunta establece grandes limitacións no gasto en persoal, que prexudican a todos os colectivos. Pídese unha renegociación das condicións impostas
Renda 2016: Baixada de tipos, poucas axudas por nacemento e menos deducións por alugueiro
Contámosche aquí as novidades da campaña para presentar a declaración do IRPF, que comeza hoxe e chegará ata o 30 de xuño.
Cabral escolle entre dúas formas de xestionar a súa Comunidade de Montes
A Comunidade de Montes de Cabral elixe o vindeiro 17 de abril unha nova Xunta Reitora. A candidatura Un monte de tod@s, encabezada por Fernando Molares, critica a xestión realizada ata agora, denuncia o desbalde de cartos e promete unha auditoría económica
Povisa abre expediente disciplinario ao Comité de Empresa por criticar o hospital
Podería mesmo chegar a despedir os seus e as súas integrantes, tralas denuncias sobre a perda de calidade asistencial no centro privado e a sobrecarga de traballo que sofre o persoal. A empresa acúsaos de "deslealdade" e dunha falta de "extrema gravidade"
Novo pau xudicial a Reganosa: O Supremo anula a súa autorización
A empresa deberá realizar de novo este trámite administrativo, tras unha sentenza que decreta que a instalación non se axustaba ao ordenamento urbanístico vixente no momento. O Comité Cidadán celebra un ditame "moi importante" e apunta a novas vitorias nos tribunais nos vindeiros meses.