As denuncias por violencia de xénero na mocidade crecen por terceiro ano consecutivo
Dende o ano 2012 o número de vítimas menores de 25 anos con medidas cautelares ou orde de afastamento pasou das 152 ás 190, cun crecemento do 15% só no último ano.
Laura Bugalho: "Aprendín que a solidariedade pode mover unha resolución xudicial"
A activista aceptou unha condena de 11 meses de cadea -que non terá que cumprir- e o pagamento dunha multa. Celebra a sentenza, que pon fin a un proceso de sete anos e cinco xuízos, acusada de falsidade documental tras denunciar unha trama de estafa a inmigrantes
As rendas sociais municipais: un instrumento contra os novos perfís de pobreza
A Coruña e Santiago ultiman os seus proxectos, que serán debatidos nos plenos municipais que se celebrarán a vindeira semana. Xosé Cuns (EAPN-Galicia) salienta a importancia destas prestacións e reclama "coordinación" coa RISGA e a simplificación da burocracia.
O sector do audiovisual reclama "persoal e medios" para o CGAI
As asociacións de actores e actrices, de guionistas, de directores e realizadores, a Academia Galega do Audiovisual, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Asociación Galega de Produtoras Independentes asinan un comunicado conxunto, que se une a outros chamamentos
"O acordo do Consello de Ministros sobre Reganosa ten indicios de prevaricación"
ENTREVISTA Falamos con Patricia Gabeiras, avogada do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que xa recorreu ante o Tribunal Supremo a decisión do Executivo en funcións. "A planta non cumpre coa normativa medioambiental, precisamente por iso a eximen", sinala
"Un traballo máis intenso en atención primaria permitiría desmedicalizar a enfermidade mental"
Entre este xoves e o sábado celebrarase en Compostela a terceira edición do Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia, "a cita máis relevante do sector nos últimos 25 anos en Galicia". Falamos con Víctor Torrado, responsable do comité organizador
O TSXG avala a expulsión do regatista que criticou publicamente a ENCE
En febreiro do pasado ano a Regata Interclubes Ría de Pontevedra, financiada pola Deputación, expulsou a embarcación de Juan Carlos Pérez Olmedo -denominada No a Celulosas- cando lideraba a proba, alegando que a mensaxe amosaba "unha clara adscrición a unha opción política"
En Marea pide que o Congreso se reúna para debater a decisión do Goberno sobre Reganosa
Denuncia que o Executivo en funcións invadiu as competencias do poder xudicial e lexislativo para eximir a planta de gas dos trámites que esixe o Tribunal Supremo. Falamos coa avogada Patricia Gabeiras
Documentan danos da industria do eucalipto a 40 xacementos do norte de Lugo
ADEGA e Mariña Patrimonio presentan un dossier que denuncia desfeitas provocadas a mámoas, castros e restos medievais en 12 concellos, causados polos madeiristas a través de plantacións, cortas, apertura de pistas ou rozado con maquinaria pesada.
"Ou non entenden como funciona unha Filmoteca ou isto é un plan premeditado de desmantelamento"
ENTREVISTA Falamos con Antonio Ramos, o proxeccionista do CGAI que será despedido este mércores, ficando a institución cun único técnico especializado, que tamén se ten que ocupar dun arquivo no que "as latas se amorean ata o teito, oxidándose e estropeándose por falta de persoal"
As nosas vivendas: Maioritariamente en propiedade e cada vez máis en pisos
O 52% dos fogares galegos sitúase en edificios de apartamentos. Os alugueiros representan tan só o 12% do total, fronte a un 80% de casas en propiedade.
Os despedimentos no CGAI poñen en risco as funcións da filmoteca galega
Os sindicatos denuncian que a metade do persoal foi despedido ou amortizado, o que lle impedirá ao Centro Galego de Artes da Imaxe realizar o seu labor e que o traballo pendente xa se está a "amorear ata o teito"